O número de agosto do Barrios chega cargado de festas; "Época de Festas" é o título que leva a nosa portada en relacción as infinitas celebracións que teñen lugar na nosa provincia por estas datas.

Publicado o número de agosto do Barrios

As que sacamos na foto principal da portada son a Festa do Pulpo, do Carballiño; a da Empanada, en Allariz; e a do Esquecemento, en Xinzo de Limia. A outra noticia de portada é a entrevista a Anxo Pérez, secretario comarcal da CIG en Ourense.

Os temas do mes son por unha banda, a desgraza dos incendios, que están a asolar a nosa provincia, e pola outra, a folga que levan a cabo os examinadores do carnet de coche.

En Verín terán o seu centro de día para xaneiro de 2018; xa comezaron as obras na praza de Abastos. Ademais, celebrou a 12ª edición da Feira do Viño de Monterrei. Medio cento de nenos verinenses visitarán ata finais de mes o Parque Natural do Invernadoiro. Nun pleno extraordinario, o Concello reclama máis medios á Xunta contra os incendios. O ente autonómico cede terreos a Baltar e Monterrei para a construción dun espazo multideportivo e un cemiterio.

A Insua dos Poetas -Madarnás- homenaxeu a Carlos Casares na Festa da Palabra. O FETEGA presentouse e celebrarase do 5 ao 9 de setembro.

En Vilar de Santos continúan as actividades de verán para os máis cativos. Medio Rural fomentará a contratación de pólizas no agro na zona da Limia. A oposición de Xinzo pide ecuanimidade á Deputación de Ourense.

Celanova despediu o Hércules Brass ata o ano que vén. A segunda edición coworking forma a 35 emprendedores.

Allariz reclama as liñas de transporte suprimidas. Continúan descubrindo Armea -Santa Mariña de Augas Santas-. O Burro ten a súa rúa na aldea de San Salvador dos Penedos.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.