Xa está na rúa o número 163 de Barrios Deportivo nunha data na que os clubs ourensáns arrancan o curso 2017-18.

Barrios Deportivo 163

Na portada salientamos á Unión Deportiva Ourense, o Ourense Envialia e o Campus Rugby. O primeiro deles xa comezou a tempada con derrota na primeira xornada da Liga en Rexional Preferente. Os outros dous aínda están inmersos nas súas pretempadas.

O Consello Municipal de Deportes convoca axudas a deportistas. O circuíto de carreiras populares «Correndo x Ourense» regresa en setembro con dúas citas: a das Lagoas e a da Ponte. Seguindo con atletismo, gran actuación do Esprintes Ourense nas 24 horas de Vigo.

O Club Ourense Baloncesto arranca a pretempada á espera de que se incorporen a maioría de xogadores ao longo desta semana; tamén, desde o club, contan con pechar a plantilla nos próximos días.

En fútbol, na Terceira, o Arenteiro – Barco viuse na obriga de suspenderse pola sarabia. En fútbol sala, o Cidade das Burgas xoga este martes o seu primeiro encontro da Copa Galicia, mentres que o Envialia recibe o sábado ao Futsi no partido de ida da Supercopa. O Sala Ourense pasou de rolda na Copa Xunta.

Ezequiel Gago regresa de Hong Kong con tres medallas de ouro do Internacional de wushu. Ainoha García caeu derrotada no mundial de taekwondo diante da que, á postre, convertiuse en campioa.

En xadrez boas noticias para Iván Salgado (coa súa vitoria en Bérgamo) e Adrián Gómez, a piques de obter o título de Mestre FIDE.

Fútbol gaélico, axudas a deportistgas e clubs, BTT, hoquei, e moito máis no número 163 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha