O Cineclube Padre Feijoo adica esta semana o seu ciclo a esta temática.

Cine sobre a revolución rusa

Todas as proxeccións serán na biblioteca pública de Ourense.

Ikarie XB-1
O luns, 16 de outubro, a sección «Luns de Filmoteca» do CGAI presenta un clásico en branco e negro da ciencia ficción europea dos anos 60: Ikarie XB-1.
Ikarie XB-1 (1963) concibido inicialmente como un filme de propaganda polo partido comunista checoslovaco (que fracasou claramente), pero en cambio o filme influiría profundamente en titulos como 2001: unha odisea do espazo, Solaris e Star Trek, converténdose paradóxicamente co tempo nun título de culto.
Durante décadas o seu visionado foi case imposible, ata que en 2016 o festival de Cannes estreou unha copia restaurada dixitalmente polos arquivos nacionais de cine de Praga e Budapest, que hoxe chega a Ourense.
Pases ás 20.30 e 23.00 horas.

Outubro
Para o martes 17, o cineclube Padre Feijoo proxecta unha das grandes obras de director ruso Serguei Eisenstein musicada en directo por Caspervek Trio: Outubro.
O comité central do Partido Comunista encargou este proxecto para celebrar os primeiros 10 anos de revolución: así Outubro, narra os sucesos do asalto ao Palacio de Inverno durante os inicios da Revolución rusa de 1917.
A estrea de Outubro sufriu atrasos, pois en pleno proceso de postproducción e a raiz da caída en desgraza de León Trotski tivo que quitalo de todos os planos nos que aparecía na película.
Aleksandr Sokurov rodou en 2002, nun inesquecible e único plano secuencia, unha viaxe pola historia de Rusia entre o século XVIII e principios do XX, a través dun percorrido polo Museo Hermitage, antigo Palacio de Inverno dos zares.
Única sesión ás 20.30 horas.

El arca rusa
Aleksandr Sokurov rodou en 2002, nun inesquecible e único plano secuencia, unha viaxe pola historia de Rusia entre o século XVIII e principios do XX, a través dun percorrido polo Museo Hermitage, antigo Palacio de Inverno dos zares.
Os pases serán ás 18.00 20.30 e 23.00 horas.

Doutor Zhivago
O ciclo finaliza cun clásico de David Lean: Doutor Zhivago. Un clásico hollywoodiense rodado en Yugoslavia, Finlandia, Suecia e mayoritariamente en España, baseado no hómonimo literario de Boris Pasternak, e que non puido verse en Rusia ata o ano 1992.
Única sesión ás 18.00 horas.