Xa está na rúa o número 167 do Barrios Deportivo.

Barrios Deportivo 167

Nesta ocasión a portada trae ao COB, que ten ante si tres partidos consecutivos no Paco Paz. O Ourense Envialia continúa nas primeiras posicións da Primeira división de fútbol sala. O «Correndo por Ourense» coroou a Rubén Diz e Iria Fernández como os mellores do circuíto.

En fútbol, na Rexional Preferente, UD Ourense e Bande están no grupo cabeceiro, o mesmo que Barco, Ourense C.F. e Arenteiro na Terceira división.

O Campus Ourense Rugby vence na casa e perde fóra; esta semana toca xogar ante a súa afección. O Sala Ourense gaña nun dos partidos máis atractivos da Terceira división ante o Pazos de Borbén. O Cidade das Burgas, en Primeira división está afundido no pozo da clasificación. O Club Voleibol Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” conseguiu a súa primeira vitoria da tempada na Primeira nacional. O CV San Martiño remonta ante o Santiago.

Os dous equipos sénior do Nova Xestión Pavillón lograron a vitoria a pasada xornada. O mesmo ocorreu cos dous equipo do Auriense Fútbol Gaélico. En BTT, Iván Feijoo arranca con bo pé a súa andadura na elite. En ximnasia, éxito dos ximnastas ourensáns en Valladolid. Ademais, o Club Ximnasia Pavillón proclamouse subcampión galego en Marín.

Judo, xadrez, escalada, patinaxe, e moito máis nas páxinas do Barrios 167.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha