Entrevista a un dos organizadores da Operación Quilo de Amencer.

Adrián Rodríguez: “Gústanos conxugar solidariedade e deporte, e temos moi boa acollida”

Nestas datas verás nos supermercados da cidade carros con alimentos, son carros que pertencen á campaña Operación Quilo que desde a Asociación Xuvenil Amencer levan organizando desde fai 31 anos. Adrián Rodríguez, un dos responsables da campaña falounos da mesma.

O ano pasado lográronse 20.000 quilos de alimentos, é o ano que máis cantidade logrouse recadar?
Adrián Rodríguez: “Cada ano si que aumenta a cantidade de alimentos. Tamén é certo que cada ano sumánse máis empresas e máis entidades. Ademais, a xente deu 1.100 quilos de xoguetes e 2.300 de roupa, entendendo que non a pedimos pero a xente tamén aproveita para donala”.

E tamén cartos?
A.R.: “Nós o ano pasado fixemos unha campaña na que repartimos petos en distintos establecementos da cidade e recadamos 2.669,16 euros. Íntegramente eses cartos transfórmanse en alimentos, que se repartirán o 22 de decembro polos barrios de Ourense ás familias que previamente o solicitaran”.

Falades dunhas 2.000 familias ourensás, é unha barbaridade, non?
A.R.: “Si. Este reparto o facemos a través de Cáritas Ourense, que é unha ONG que traballa día a día con estas familias e coñece a realidade da cidade. Os datos que nos pasaron é que chega a este número, sendo máis de 3.000 as persoas beneficiarias”.

Aumenta o dismuinúe o número de familias necesitadas?
A.R.: “O que vemos é que se incrementa, sobre todo en poboación infantil. Por iso, ademais dos alimentos básicos, facemos unha campaña de xoguetes que é moi simbólica para os nenos e máis nesta época de navidade. Polo que se pode dicir que está aumentando a poboación infantil necesitada destas accións”.

Hai unha aposta moi forte pola solidariedade no deporte.
A.R.: “Temos en torno a uns 40 clubs ou eventos deportivos metidos nesto. Gústanos conxugar solidariedade e deporte, e a verdade é que temos moi boa acollida. Estamos no fútbol, baloncesto, rugbi, colabora o Club Ximnasia Pavillón, patinaxe. Infinidade de eventos e clubs que están colaborando con esta campaña”.

Tedes unha estimación dos carros de recollida que se porán nos distintos supermercados?
A.R.: “Poñemos 55 carros repartidos por distintos supermercados da cidade. Estarán postos ata o 21 de decembro, que será o día que os recolleremos para, ao día seguinte, repartir”.

Como é o proceso?
A.R.: “Recollemos os xoguetes e nos encargamos de limpalos, arranxalos, poñerlles pilas, etc. E dos alimentos encargámonos de facer unha clasificación. Facemos caixas en función das familias e o repartimos o día 22”.

Iste labor, con cantos voluntarios conta?
A.R.: “Contamos con voluntarios da Asociación Amencer que colabora todo o ano, e para a Operación Quilo hai xente que colabora puntualmente. O ano pasado foron 536 mozos que colaboraron nesta campaña”.