Máis de 200 actividades programaranse nestas datas.

Ourense quere ser referente do Nadal en Galicia

Co acendido do alumeado deu inicio o Nadal en Ourense. Máis de 230 actividades serán as que o concello oferte nestas datas.

En total haberá máis de 40 actividades musicais. A música tamén contará co compoñente solidario, como os xa tradicionais concertos no Espazo Lusquiños para recadar alimentos. E, por suposto, achegarase a todos os barrios con concertos de rúa e nas igrexas.

O teatro, con ata 33 espectáculos, será outro dos eixos da programación. Xunto a MOTI tampouco faltará o gran evento multitudinario do Nadal en Ourense: o VideoMaping. Por terceiro ano consecutivo, este espectáculo de luz e color brillará na praza Maior. Serán tres días (o 22 e 29 de decembro, e o 4 de xaneiro) con 2 pases, ás 20 e ás 21 horas.
O deporte tampouco faltará nestas datas. O Torneo de Xadrez de Aninovo volverá á AVV de Barrocás, e a San Silvestres celebrará a súa segunda edición o 31 de decembro.

Camión da maxia
Ademáis, Ourense contará co “Camión da Maxia”, un trailer que levará un innovador e sorprendente espectáculo de maxia e animación por toda a cidade. Daranse 5 pases diarios, cunha duración de 40 minutos, en Velle, Bispo Cesáreo, Barrocás, Mariñamansa, a Ponte, Seixalbo, A Carballeira, O Vinteún e O Couto.

Novidades
Ata o 5 de xaneiro, por calquer compra de máis de 10 euros nun comercio da cidade, os ourensáns recibirán unha boliña (repartiranse 100.000 boliñas entre 1.500 establecementos comerciais e de hostelería da cidade) que poderán introducir cos seus datos no “Box” dos desexos que instalarase en todos os barrios. De entre todas esas boliñas, sortearanse os premios o 8 de xaneiro ás 19 horas, no Salón de Plenos. Sortearanse unha viaxe a DisneyLand Paris para unha familia e outra viaxe familiar ao Parque Warner, grazas á colaboración con Logitravel; estancias en Caldaria spas para 2 familias; e ceas en restaurantes da cidade (A Tarazana, Taberna, A Feiriña, Pazo de Monterrei e Estación de Loman), coa cooperación da Unión de Hosteleros Ourensanos.