Na rúa o primeiro número do ano de Barrios Deportivo.

Barrios Deportivo 171

E chega o ano con dous derbis interesantes. Por unha banda, o derbi galego da LEB Ouro de baloncesto entre Rio Ourense Termal e Breogán de Lugo, e pola outra, o derbi ourensán de Primeira división entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas.

Desde que abriu as súas portas, a pista de atletismo cuberta -ubicada en Expourense- non para de ter unha actividade frenética todas as fins de semana; as próximas citas: os campionatos de Galicia absoluto e máster.

Ademais, seguindo co atletismo disputouse a San Silvestre Ourense cun gran número de participantes. Ribadavia, San Cibrao e O Carballiño tamén tiveron as súas populares.

Durante o Nadal dúas citas destacaron sobre as demais: o Torneo de Nadal de ximnasia e o Open Internacional Aninovo de Xadrez -neste venceu David Gómez-.

En fútbol facemos un repaso á Terceira división e á Rexional Prefente con especial atención á UD Ourense que está en postos de ascenso. O Barco, en Terceira, ocupa postos de promoción.

O Dompa Ourense xuvenil de voleibol participou na Copa de España. O club Asesou organiza o I Moonboard Cidade de Ourense. En ciclismo, varios integrantes do Club Ciclista Maceda representarán a Galicia no Campionato de España.

En salvamento acuático, seis medallas para os integrantes do Club Salvour na segunda xornada da Liga de socorrismo.

Ainoha García logra dúas medallas no Campionato de España de taekwondo sendo a primeira galega en conseguilo. O Consello Municipal de Deportes axuda a eventos, deportistas e clubs.

Natación, esquí, balonmán, judo, e máis no número 171 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha