O novo número de Barrios xa está na rúa.

Barrios 55

Nesta ocasión a portada trae a ICC Week 2018 que se está a celebrar en Ourense (cidade e provincia) ata o día 6 de maio. A xornalista Nuria López gañou o XVIII Premio «Carracedo». E en deportes, a Unión Deportiva Ourense chega líder ás últimas catro xornadas e métese nas semifinais da Copa Deputación.

O Concello de Ourense aprobou en Xunta de Goberno o proxecto de orzamento de 2018; a oposición reprobou ao alcalde, Jesús Vázquez. Os veciños de Reza presentarán alegacións pola senda peonil que contruirá a Xunta de Galicia ao carón das súas vivendas. O 1 de maio congregou a centos de ourensáns polas rúas da vella Auria. O Concello inicia obras de sinalización no Couto.

Barbadás crea unha oficina virtual para autónomos e pequenas empresas no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET). As instalacións de fútbol dos Carrís renovarán o seu céspede.

O coiro será de novo protagonista en Allariz nunhas xornadas que se desenvolverán entre o 3 e 6 de maio.
Comezou a terceira edición o coworking en Celanova con 22 novas propostas. A mancomunidade Terra de Celanova logra o premio “Coopera”.

En deportes, o Sala Ourense está a un punto de lograr o ascenso á Segunda división B. O Club Ourense Balonces xa pensa na vindeira tempada e para elo quere renovar ao adestrador e a varios xogadores. O Xadrez Ourense remata segundo na División de honra.

Todo isto e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha