Doce propostas, unha de teatro e o resto musicais, todos os xoves ás 22.30 h.

Verán Cultural na praza San Martiño

A praza de San Martiño, cada xoves ás 22:30 horas -agás o concerto de Xoán Curiel, o venres 7- e de balde acollerá a cuarta edición do Verán Cultural, cun total de 12 grupos, dous deles da nosa cidade (Guezos e MCarballo).

O Verán Cultural foi presentado pola concelleira Belén Iglesias e polo programador do Auditorio, Manuel Freire, quen quixo salientar as grandes doses de humor de Malasombra, a única actuación teatral entre todas as musicais, ou a calidade de propostas de pequeno formato, como Happy Gospel ou De Vacas, que repiten despois do éxito de público do ano pasado. Entre as novidades, os sons cubanos do Trío Siboney ou o elemento festeiro achegado por Fanfarria Taquikardia e por A Banda da Loba, grupo de versións integrado por mulleres.

Trala actuación este pasado xoves da eurovisiva Lucía Pérez, pasarán pola praza o 12 de xullo, Malasombra (teatro), o 19 de xullo “De Vacas”, o 26 de xullo, “Happy Gospel”, o 2 de agosto “Fanfarria Taquikardia”, o 9 de agosto “A Banda da Loba”, o 16 de agosto “Trío Siboney”, o 23 de agosto “Coanhadeira”, o 30 de agosto “Caxade”, o 6 de setembro “Guezos”, o venres 7 de setembro ás 18 h. “Xoán Curiel e a súa banda” e o 12 de se-tembro “MCarballo”.