Na rúa o número 70 de Barrios.

Barrios 70

A portada deste número trae o comezo das obras da Intermodal de Ourense; no Carballiño queren facer unha rebaixa do 10% no IBI; e a carreira do circuíto «Correndo por Ourense» da Ponte dará comezo ás 11 horas. Ademais, entrevistamos a Lois González, un dos pioneiros na cría de bois en Allariz.

Valoriza reclámalle ao Concello o pago 1,8 millóns nunha decena de facturas correndo perigo a continuidade do servizo de axuda a domicilio. O cámping de Untes conta cun novo proxecto despois de que o Concello recuperara a súa concesión. O TSXG anula o nomeamento de Rodríguez Nóvoa como xefe de Persoal; OueC reclamoulle ao PP o seu cese inmediato.

O domingo, 30 de setembro, na praza exterior do Centro Comercial Ponte Vella celebraranse as Xornadas de oncienciación para a adopción de mascotas. A AVV As Termas reivindica melloras no seu barrio. Os veciños de Peliquin celebraron o primeiro aniversario do seu local social. Alumnos do colexio de Franciscanas recolleron cabichas no parque de San Lázaro. O programa “Nexos”, pioneiro contra a violencia de xénero consistente na creación dun grupo de apoio e crecemento persoal que consta de 3 liñas.

Medran as exportacións en Ourense; así se desprende do informe sobre “Comercio exterior de Galicia” presentado no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Un novo vehículo no parque de bombeiros do Carballiño dotado cun equipo de excarceración. “Tres anuncios en las afueras” proxéctase no cine club Carballiño nesta nova tempada.

En deportes, o derbi de Terceira entre Ourense CF e Barco saldouse coa vitoria dos segundos. O monte da Aira -Velle- acolle o Memorial Manolo Carrera, un torneo de fútbol para benxamíns e prebenxamíns. Tres puntos para o Cidade das Burgas, mentres o Envialia B conta con pleno de vitorias. Saúl López, campión galego en categoría absoluta de BTT-XCM. Muíños acolle a “Gladiator Race Vía Nova”, primeira proba nocturna de obstáculos de España.

Ocio e cultura, clasificados, artigos e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha