Este domingo, 21 de outubro, ás 12 horas no Monte da Aira.

A EFF Rosalía recibe ao Gondomar

A EFF Rosalía recibe ao Gondomar recibe este domingo, 21 de outubro, ás 12 horas no campo de Velle Monte da Aira.

Nova oportunidade para as ourensás de mostrar a sua progresión cunha nova xornada para competir. Nesta ocasión visitaas o Gondomar FB con tan só dous puntos máis, conqueridos nunha única victoria por 7-0 fronte o farolillo vermello da categoría o Cultural Areas.

O cadro ourensán vén de demostrar no difícil campo de Valladares que a sua progresión é correcta e que o día máis pronto que tarde lograrán a primeira victoria, que a ben seguro as enchería de autoconfianza para a sua progresión.

A plantilla está ao completo despois da recuperación de Cae Vizcaya, polo qude o adestrador terá unha difícil elección para elexir a convocatoria xa que as xogadoras estanse empregando a fondo durante a semana.

Para este partido a EFF Rosalía lucirá brazaletes rosas e cederalles uns brazaletes rosas ás rivais para que os luzcan tamén en apoio a AECC de Ourense polo día da prevención do cancro de mama, iniciativa que se suma a nova vestimenta desta semana na que o escudo será totalmente rosa.