A terceira edición terá lugar entre os días 31 de outubro e 4 de novembro.

«Allariz de medo»

Allariz organiza a terceira edición do Allariz de Medo, coincidindo coa celebración do Samaín, entre os días 31 de outubro e 4 de novembro.

A cultura galega estará presente na ambientación das rúas do casco histórico de Allariz que se converterá nunha pasaxe de medo. Dende o alto do Portelo ata a praza Maior as rúas estarán ateigadas de ánimas, meigas e outros seres do máis alá.

Tanto a alcaldesa, Cristina Cid, como a técnica de promoción económica, Eva Sampedro, sinalaban que “este non é un circuíto de terror senón que é unha proposta de ambientación dirixida a público familiar”.