Xa está na rúa o Barrios máis navideño do ano.

Barrios 79

A portada trae unha foto de como está a praza Maior de Ourense coas luces e o árbore de Nadal. Ademais, o pequeno comercio simula o peche para denunciar a súa situación.

En canto as protestas do pequeno comercio, o Concello mostra o seu apoio. A praza de Abastos organiza diversas actividades para os seus clientes. Ourense conta con máis de 400 actividades para estas datas festivas. O Obispado expón beléns do mundo ata o 4 de xaneiro. Amencer e Centro Comercial Ponte Vella únense para organizar as 12 horas máis solidarias; este sábado recollerán alimentos en dous puntos do centro comercial (á entrada do mesmo e xunto ao supermercado Gadis).

Turismo crea un novo espazo deportivo no Campo de Santiago (Muíño da Veiga). Un novo albergue de peregrinos prepara a Ourense para 2021, ano do vindeiro Xacobeo. A EDAR de Ourense acollerá nos vindeiros tres anos o proxecto CIGAT-Biofactoría, para acadar os residuos cero.

O Nadal ilumina A Valenzá. Abriu o Museo Etnográfico popular de Loiro. Este ano o Servizo de Emerxencias e Protección Civil (PC) de Barbadás atenderon 130 avisos de vespa velutina. O sector agroalimentario medra en Ourense (o dobre que en Galicia), segundo o último. O presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente de Partenalia -asociación europea de gobernos provinciais-, Manuel Baltar, foi elixido por unanimidade, vicepresidente da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios (CEPLI) informe do ICEX. A Xunta continúa coa súa campaña de vacinación contra a gripe.

En Xinzo, investíronse máis de 35.000 obras en varias actuacións. A Audiencia mantén a condena ao exalcalde de Xinzo, Antonio Pérez Rodríguez, de oito anos e medio de inhabilitación para empleo ou cargo público por un delito continuado de prevaricación. A Xunta comprométese a ampliar o polígono empresarial de Xinzo. CDR O Viso rfecolleu media tonelada de alimentos para os máis necesitados.

Os festivais de Nadal de diversas escolar serán o eido principal da programación de lecer en Celanova. Unha aplicación da a coñecer o patrimonio de Celanova, Bande e Verea. Allariz presentou o seu programa de Nadal. O xurado do FIXA (Festival de Xardíns) seleccionou os que formarán parte da décima edición deste certame que terá como temática o cine.

En deportes, o fútbol sala ourensán está a deixar bo sabor de boca a estas alturas de tempada. Facemos un repaso de como lles va aos conxuntos ourensáns de Terceira división de fútbol. O alteta, Alejandro Montero, foi homenaxeado polo Concello de Ourense. O COB aproba o seu orzamento (604.000 euros) para esta tempada.

As películas “Mug”, “La mujer de la montaña” e “Capharnaüm”, as vencedoras do OUFF. Manuel Portas gaña o Premio Blanco Amor.

Artigos, clasificados e máis no número 79 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha