Lourdes Mohedano sera a encargada de impartilo.

Masterclass de ximnasia

O Club EDC Xinzo de Limia e a Concellería de Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Xinzo de Limia organizarán a “II Master Class de Ximnasia” coa ximnasta española Lourdes Mohedano. O evento terá lugar o sábado 19 de xaneiro de 2019.
Xa está aberto o prazo de inscrición para todas as ximnastas que o desexen, maiores de 7 anos. Haberá prazas limitadas.
Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario de inscrición na web www.deportesxinzodelimia.com. O prazo de inscripción remata o 28 de decembro. A cota será de 25 euros para os integrantes do Club Escolas Deportivas de Xinzo de Limia e de 40 euros para ximnastas de outros clubs (inclúe asistencia á Master Class, camiseta de adestramento, diploma e un pequeno lunch que constará auga e froita).