Xa está na rúa o último Barrios do ano.

Barrios 80

Nesta ocasión traemos á portada o anuncio da Xunta de Galicia da reforma do Materno Infantil para 2019. Ademais descubrimos o Museo do Claustro Mercedario de Verín que en algo máis dun ano xa o visitanto 21.000 persoas. A III San Silvestre Ourensá xa quenta motores para que moitos ourensáns despidan o ano calzando as zapatillas de correr. E entrevistamos a Adolfo Nogueira, concelleiro de Comercio do Concello do Carballiño.

En páxinas interiores facemos un repaso do que sucedeu en Ourense e provincia ao longo de 2018. O Auditorio encherase para loitar contra o cancro coa gala da AECC Ourense que será este sábado, 22 de decembro. Fomento mellora a N-542 trala continua petición da AVV As Termas.

O Concello premia aos clientes do comercio local coa campaña “Pasaporte aos teus soños”. O Centro Comercial Ponte Vella entregou os premios ás mellores fotografías do seu I concurso de fotografía. A AVV Peliquín entregou os diplomas ás persoas que completaron os cursos que se realizan na asociación.

Verín aproba o seu orzamento estimando alegacións de PP e CIG. O Concello pon en marcha a ludoteca de Nadal. AEVER vólcase co Nadal de Verín cunha batería de actividades. “O descanso dos Cigarróns” é o título do cartel anunciador do Entroido 2019. Ademais contamos a programación de lecer para estas datas na vila do Támega.

Ao igual na vila do Arenteiro mostramos as actividades para este Nadal. Entrevistamos a Julián Garriga Crespo, presidente do Centro Comercial Aberto do Carballiño.

En deportes, o Club Ourense Baloncesto despídese da súa afección este ano con vitoria diante do Cáceres. En fútbol sala, o Envialia perde a súa condición de invicto tras caer ante Burela; o Sala perde diante de Xove e o Cidade cede o liderato ante Bilbo. Son númerosas as citas atléticas neste mes de decembro; ademais a pista cuberte únese á oferta.

Clasificados, axenda, artigos, e máis no número 80 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha