Este Nadal na vila do Carballiño estará cheo de actividades culturais e deportivas, tanto para os máis cativos como para os máis maiores.

Programación de Nadal en Carballiño

Para as próximas datas, este venres 21 de decembro ás 20 h no Paco Chao, gala de Nadal do Club Patinaxe Aehde. O día seguinte, o sábado 22 na praza de Abastos ás 13 h saberemos o gañador da campaña “Vive o Nadal”. Xa pola tarde interesante partido no Espiñedo de Terceira división entre o Arenteiro e o Porriño Industrial ás 16.30 h e un pouco antes os rapaces do fútbol sala reciben ao Concello de Begonte no Paco Chao ás 16 h. Ás 18 h no Auditorio teatro para rapaces maiores de 8 anos coa obra “Os fabulosos Cleaners”.

O musical “A Bela e a Besta. A lenda” aprázase ao 15 de febreiro.

Os días 22 e 23 de decembro, ás 12 e 20 h os dóus días, animación de rúa con zancudos, malabares e maxia na raza Maior. Eses dóus días tamén poderás subir ó tren do Nadal do Centro Comercial Aberto e visitar ás rúas da vila de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.

O domingo 23, a 10ª Carreira Solidaria do Arenteiro que sairá ás 11 h da Praza da Veracruz.
E o día 24 o prato forte será a chegada de Papá Noel. Recollerá as cartas dos nenos e nenas na Praza Maior os días 22 e 23 de 17 h a 21 h e o día 24 de 17 a 19 h porque xa se ten que preparar para a noite poder repartir. O día de Nadal, 25, ás 12.30 no Templo da Veracruz, concerto da Coral Polifónica do Carballiño.

Os días 26, 27 e 28 de 11.30 a 13.30 h obradoiros e campaña de animación á lectura na Biblioteca.Eses días tamén haberá cine infantil. No Auditorio ás 18 h os tres días, o martes 26 “O malvado raposo feroz”, o mércores 27 “Os incribles” e o xoves 27 “Vengadores. Infinity War”.
Tamén o 26, 27 e 28 o CCA organiza uns obradoiros nas súas oficinas de educación ambiental e robótica, “Roboccamb”.

2019
Xa no nova ano voltará a campaña de animación á lectura na Biblioteca Municipal. Os días 2, 3 e 4 de 11.30 a 13.30 h. O día 3 de xaneiro no Auditorio gala dos alumnos do conservatorio ás 20.30 h. Entre os días 3 e 5 celebraráse o I Torneo de Reis de fútbol sala base do GRI Carballiño no Pavillón Paco Chao.
Entre os días 4 e 11 de xaneiro nova Ruta de Tapas. O día 4 entre 16.30 e 20.30 hs colchonetas para todos na praza do pobo. O sábado 5 de xaneiro o I Campionato de Reis de Xadrez sub 14 no Auditorio. O día 5 de xaneiro a partires das 18 h as súas maxestades de Oriente percorrerán as rúas da vila cun espectáculo de lume, luz e son. Xa rematando as datas do Nadal, o día 11 ás 19 h no Auditorio musical tributo a Mary Poppins. O seguinte día, o 12, monólogos de JJ Vaquero e Chema Trueba ás 21 h no Auditorio. E o sábado 19 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio para maiores de 10 anos, espectáculo de mentalismo e hipnose. Non se pode pedir máis nestas datas no Carballiño.