Os mellores atletas da comunidade déronse cita no campionato.

O Campionato de Galicia absoluto e sub23 pechou a pista cuberta por unhas semanas (ata que volva abrir trala celebración de Xantar). A pesar de non batirse ningún récord o campionato, celebrado o domingo 20 de xaneiro, deu mostras que de o atletismo galego crece.

En canto aos locais máis destacados: Alejo Ares (Adas Proinor) venceu nos 1.500 metros cun tempo de 3:57:30, cun gran final ao que batiu ao atleta do Celta, Gonzalo Basconcelos. Quen non tivo rival, un ano máis, foi Bea Viteri (Celta) en triplo salto logrando un mellor salto de 3,31. Said Abdoun Bechiki (Ourense Atletismo) foi o  vencedor sub 23 de 1.500 (4:08.40).

Os máis destacados
Entre os participantes, os mais salientables deste campionato atópanse o saltador de lonxitude Jean Marie Okutu (FC Barcelona) cun mellor intento de 7,59 -aínda que foi superado polo portugués Ivo de Moura (fóra de competición) que voou ata os 7,98 metros.

O velocista Mauro Triana (Playas de Castellón) parou o crono en 21.48 nos 200 metros moi preto da súa mellor marca. Manuel Hurtado venceu con solvencia nos 3.000 sendo a primeira vez que o lucense lograba este título. A vitoria nos 1.500 feminino foi para Alice Marie Genevieve (Celta) quen foi tirada por Solange Pereira (Valencia Esports); o seu tempo foi de 4:17.45. A propia Solange foi a gañadora nos 800 metros con 2:06.95.

Vindeiras competicións
Agora a pista estará pechada ata que o 23 de febreiro regrese a competición á mesma coa celebración do LXI Campionato de Galicia Sub20 e sub18. En marzo chegará o galego e nacional máster.