Na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 87

Coincidindo co 8M Día Mundial da Muller a portada deste número aposta pola igualdade cunha foto dun dos eventos realizados na cidade o día anterior da conmemoración. A outra noticia destacada da portada é a de «A derradeira leición do mestre», obra pictórica por excelencia de Castelao que se poderá visitar na Deputación de Ourense.

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez Abad presumía esta semana de obras realizadas grazas á súa xestión; anuncio que afeou á oposición coincidindo en que a cidade está en total «desgoberno». Pachi Vázquez, exlíder do PSOE en Ourense, presentou a súa nova formación política «Espazo Común». Benito Losada xa conta coa súa placa homenaxe na súa querida Casa da Xuventude.

En Barbadás, chega o II Evento do stock e oportunidades. A rúa 17 de maio conta con nova iluminación. Ciudadanos reclama melloras no firma e a sinalización da OU-160.

Medio Ambiente licita as obras para a creación dun parque infantil en Cartelle. Celanova uniuse ás celebracións do Día de Rosalía. O albergue de Bande terá melloras grazas a unha achega de 48.000 euros da Xunta de Galicia.

Un biólogo alaricano elabora un catálogo con 165 especies micolóxicas na Reserva da Biosfera. Xabier Oviedo será o candidato do PSOE en Maceda, localidade que viu como memollorou o parque Francisco Carballo. «Con vontade de cambio social» son as xornadas que se celebran en Allariz par a igualdade.

O Entroido resoou en toda a provincia, a pesar de que algúns desfiles tiveron que ser aprazados a esta fin de semana. Sete formación actuarán o 12º Pórtico do Paraíso, do 15 ao 24 de marzo.

O COB enfróntase ao Leyma este domingo no derbi galego da LEB Ouro. Mala xornada para os equipos ourensáns de Terceira división de fútbol. Esta fin de semana estase a celebrar na pista cuberta de Expourense o Campionato de España máster. O Club Ximnasia Pavillón clasificou para a Copa de España a seis conxuntos.

Artigos, humor, clasificados e máis, no número 87 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha