Por segundo ano consecutivo.

O club Sincro Ourense, campión galego

O Club Sincro Ourense proclámase, por segundo ano consecutivo, mellor club galego no Campionato de Galicia de nivel verano de natación artística.

Na primeira xornada celebrouse a competición de figuras nas categorías alevín e infantil. Seis alevíns de Ourense coláronse entre as dez mellores (Estela Luisa Ojea quedou terceira, seguida por Iria Fernández, cuarta; Noa Bobillo, sétima; Cristal D. Mota, oitava; Antía Blanco, novena; e María Pousa, 10ª). No equipo infantil, as máis destacadas foron Antía Touriño, sexta e Erea Lamas, 10ª.

Na xornada do sábado -turno de dúos, sólos e equipos alevín e infantil-. En infantil, Estela Ojea rematou segunda e Iria Fernández, cuarta en sólo; o dúo formado por estas mesmas dúas nadadoras quedaron primeiras e o formado por Cristal Feijoo e Noa Bobillo, terceiras. Antía Touriño foi cuarta en sólo e con Eva Rodríguez, cuartas en dúo. En rutinas de equipos, as alevíns foron primeiras e as infantís, segundas.

Na última xornada, Lola Carracedo e Laura Bernardo lograron a primeira posición en dúos libres -categoría júnior-; as infantís acadaron o primeiro posto e as infantís, o terceiro. En rutina libre e combo júnior, as ourensás lograron o primeiro posto. Ana Moyano obtivo o segundo posto en sólo (técnico + libre).

Por equipos
A suma de todas as puntuacións dos tres días de competición otorgou ao Sincro Ourense o título ao mellor club galego de nivel de verán de natación artística por segundo ano consecutivo cun total de 12 podios.