Para xóvenes de entre 15 e 25 anos.

“Super Camp Rock” en Muíños

O campamento “Super Camp Rock”, ocio e formación musical para a mocidade en Ourense é unha iniciativa da Deputación de Ourense e o Concello de Muíños, da man de Fernando Calvo, guitarrista de Los Suaves e director da escola La Casa de la Música.

O campamento, que se desenvolverá no albergue turístico do Corgo, en Muíños, do 19 ao 25 de agosto, ten como obxectivo achegar aos alumnos coñecemento musical, combinando formación, ocio, aventura e natureza.

Está dirixido a xóvenes de entre 15 e 25 anos que teñan un ano de experiencia nos instrumentos: guitarra, batería ou percursión, piano ou teclado e baixo eléctrico ou acústico, e tamén canto moderno ou clásico (instrumento para o cal non se require experiencia previa). Como artistas invitados estarán Alberto Cereijo e Charly Domínguez (Los Suaves), Manuel Seoane (Mago de Oz) e Jorge Escobedo e Antonio Bernardini (Sóber).

Programa
Master class, experiencias reais con músicos relevantes, charlas sobre instrumentos e concertos privados, son algunhas das actividades que inclúe o programa do campamento, que disporá de 50 prazas. O custe da inscrición é de 490 euros por participante, e pode realizarse a través do teléfono: 647 041 924 ou ben na web: www.casadelamusica.es.