Entrevista a Silvimialove, influencer de moda

www.borysmartinez.es

www.borysmartinez.es

www.borysmartinez.es

www.borysmartinez.es

www.borysmartinez.es

www.borysmartinez.es

Entrevista: P.Porto
Fotos: Borys Martínez

Case 7 mil persoas están pendentes do sorriso e o bo rollo das tendencias que Silvia lanza “de Verín ao mundo”.

É un feito irrefutable. Vivimos na sociedade do “like” e agora os blogs, os perfís de Instagram e as influencers son os novos modelos a seguir. Neste contexto falamos con Silvia Calvo Prieto – máis coñecida como @silvimialove – apaixonada da moda, técnica superior en comercio e mercadotecnia e personal shopper.
Trinta e dous anos de cariño e dedicación á moda traducíronse no que agora podemos ver no seu perfil: case 7 mil persoas pendentes do sorriso e o bo rollo das tendencias que Silvia lanza “de Verín ao mundo”.

Como viñamos adiantando, as influencers están á orde do día, que consideras que é o que che diferencia das demais.
Silvia Calvo: “En efecto, somos moitas as persoas que nos adicamos ao mundo das redes sociais, pero creo que se algo me diferencia por enrima de todo é a naturalidade, trato de mostrarme sempre tal e como son”.

Polo tanto poderíamos dicir que a clave está en ser un mesmo, non?
S.C.: “Exacto! Por exemplo, eu son unha persoa que a penas se maquilla e se teño que facer un storie coa cara lavada e recén levantada, fágoo e xa está!”.

Entón, se unha persoa diche “oe Silvia, gustaríame crear un blog de moda, que consello lle darías?
S.C.: “Antes de dar ningún consello lle preguntaría se realmente apaixónalle a moda. A palabra soa un pouco forte pero é unha realidade, o único que fai falta para dedicarte a isto é que che guste moito, moitísimo. Se che gustan as tendencias o resto de consellos veñen sós, vas ler e informarte moito sobre moda, estarás ao día dos deseñadores e das grandes marcas… Iso si, despacito e con moita paciencia: Roma non se construiu nun día”.

Desde o teu punto de vista, cal é o segredo para ir sempre á moda e que non deberíamos facer nunca?
S.C.: “Eu creo que a cuestión non está en ir á moda en todo momento, senón en levar sempre o que che faga sentirche cómoda e se dá a casualidade de que é tendencia pois mellor que mellor”.

Poderías contarnos como son 24 horas na túa vida?
S.C.: “Buff! esa pregunta é moi complicada, cada día é distinto ao anterior pero podería dicir que hai tres cousas que nunca poden faltar: un bo almorzo (para empezar o día cas pilas cargadas), sesión de ximnasio ou de natación (diría que sempre me tira máis a segunda opción e é que encántame nadar), e redes, redes e máis redes. Dedico gran parte do meu día a crear contido, saber que pensan os meus seguidores, consultar contas de moda, etc.”.

Para rematar con bo pé, que é o que máis lle sorprendería de ti aos teus seguidores?
S.C.: “Creo que o que máis sorprendería alguén que me coñecese en persoa despois de ver as miñas redes sociais é a miña timidez. Ao principio custábame moito facer cousas tan simples como un stories falando (aínda que hei de dicir que cada vez me supero un pouquiño máis a min mesma). Ah! E que, aínda que coido moito a miña alimentación, a bollería e o chocolate pérdenme”.