Este ano estará aberta nunha nova ubicación ata o 12 de xaneiro.

A pista de xeo de Centro Comercial Ponte Vella ten nova ubicación

Durante 45 días o Centro Comercial Ponte Vella dispón para todos os seus clientes e visitantes da pista de xeo que xa é tradición no Nadal ourensán e concretamente nas actividades destas datas no centro comercial.
Ata o 12 de xaneiro -cinco días máis que o ano pasado-, todo aquel que queira poderá calzarse as láminas e patinar sobre xeo.
Este ano cambia de ubicación, polo que estará instalada na terraza superior accesible desde a planta de ocio a través do ascensor ou da escaleira mecánica.
O prezo é de 6,50 euros e dá dereito a permanecer na pista 45 minutos. Os andadores -con forma de foca- terán un custe dun euros e poderán usarse durante 15 minutos.

Horario
O horario será de luns a venres, de 17 a 21 horas e os sábados, domingos e festivos, de 12 a 22 horas. Desde o 21 de decembro e ata o 7 de xaneiro, o horarios será de 12 a 22 horas. Terá un horario especial os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro.

Black Friday
Ponte Vella súmase ás promocións do Balck Friday e nesta ocasión chega con grandes descontos e ofertas. Ademais, os clientes poderán gañar un coche (con impostos e gastos de matriculación engadidos).
Só teñen que achegarse ao Punto de Información ata o domingo, 1 de decembro, e validar as compras de 30 euros ou máis (nun ou varios tiquets) de establecementos de Ponte Vella. Deste xeito participarase no sorteo dun Hyundai i20 Essence. Por cada múltiplo de 30 euros poderase encher unha papeleta adicional de participación no sorteo ata un máximo de cinco participacións por persoa e compra.
O venres día 29 abren as tendas ata as 23 horas e o domingo todos os locais abren as súas portas.