Xa foi publicado un novo número de Barrios.

Barrios 119

Na portada deste número mostramos a manifestación convocada pola plataforma Tren Digno. A mesma pide a paralización das obras da intermodal e que se recupere o proxecto elexido en concurso en 2011 do estudio de Norman Foster. A Xunta di que as obras da nova estación de autobuses non se paran.
Tamén en portada sacamos a importante vitoria do Cidade das Burgas en Primeira división de fútbol sala que fai que se achegue a catro puntos á salvación.

En relación ao AVE falamos con Amadeo Simón un dos precursores que reclaman un AVE soterrado para Ourense.
O Concello de Ourense aproba os seus orzamentos seis anos despois. Estes terán unha contía de 103 millóns de euros.
A Xunta de Galicia recúa e reabrirá o paridoiro de Verín en febreiro. O clamor popular venceu sobre a decisión política.

O «multa móbil» regresa ás rúas da cidade. A estrada de Montealegre sufrirá unha reforma integral. A Illa de Ons e Guimaraes estarán presentes en Xantar, que se celebra en Expourense do 5 ao 9 de febreiro.

A Xunta ten aberto un concurso para elexir o nome da nova biblioteca pública de Ourense. O xardín do Posío reformarase para que sexa o pulmón verde da cidade.

A AVV As Termas reclama unha reunión coa Xunta para saber que se fará coa vella estación de autobuses, que será demolida cara o verán. A AVV A Chavasqueira segue pedindo que se arranxen a zona termal; a o seu entender os accesos están totalmente abandonados.

O Concello de Monterrei contará cun PXOM. Ademais en Albarellos contruirase unha senda peonil.
A DO Monterrei triunfou nos premios da revista HGg&T.
O Entroido de Verín foi elexido o mellor de Galicia nun concurso promovido por GADIS. O CEIP Augusto Assia da Mezquita deseña o cartel oficial do ‘Desfile Infantil’ do Entroido de Verin, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres, 20 de febreiro, as rúas e prazas desta vila.

Carballiño presentou o seu atractivo en FITUR. Na vila do Arenteiro haberá máis policía local. Novidades na web da Festa do Pulpo; agora tamén estará en inglés con novos contidos.

En deportes, o Ourense CF mantén o tipo e continúa na segunda posición na Terceira división. O COB vence a Castelló e acaricia a permanencia.

Artigos, clasificados, ocio e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha