Sae á luz o seu primeiro número virtual.

Nace “Nos, a Xente do Redor”

Cando se cumpren cen anos, daquel nacemento, da revista NOS, cando o prodixio xurdiu na cidade dos afiadores e das Burgas, a Atenas Galega, fai un seculo daquela loita, e despois tamén dunha pandemia, como resposta a dureza e a crise reinventándose. Un novo rexurdir (hoxe no 2020) das letras, sae desta pandemia tan rara, a cultura non pode quedar parada, senon morrerá o mellor da humanidade.

Desta filosofía nace “Nos, a Xente do Redor”, o primeiro número virtual, xa se pode ollar, de balde e nas redes sociais. Tamén se pode solicitar impreso cun custe de 5 euros que se usarán para poder editar o segundo. Máis de 20 autores colaboran neste primeiro numero: pintores, escultores, poetas, fotógrafos, deseñadores,…

Firmas como Miguel Ángel Martínez Coello, Paco Ascón, Marina Sánchez, Avelino Jácome Iglesias, Purificación Pasionaria Quintas, Marcos Pardo, Manuel Blanco Villar, Miguel Blanes, Pepa Alvarez Gómez, Tony Ferrer, Fina Cruz, Marila Abad, Antonio Martínez Coello, Avelino Jácome Dobarro, Isabelly Victoria Carmo Valverde, Daniel Sutil Moreira, María Rosa González Méndez, José Ramón Fernández Morgade, Pablo Cid e Berta Dobarro.

Dende cativos de oito anos, ata mozos dos oitenta colaboran neste proxecto que pretende un novo rexurdir desa cultura do pobo, una estrella que escintile no ceo de Ourense, nace con vocación de quedarse.