Haberá programación en xullo, agosto e setembro.

O ‘Verán Cultural’ de Ourense, na terraza do Auditorio

A cidade de Ourense xa coñece a súa programación cultural de verán. Terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle-

As actividades serán os xoves e venres e comezarán ás 20:30 horas -salvo as de setembro, que se adiantan ás 20:00 horas-, espectáculos pensados para o aire libre e para que os asistentes poidan estar sentados. O lugar escollido permite dispoñer de camerinos para artistas, diferentes entradas e saídas para que non se apiñe o público. Ademais, entre cadeira e cadeira haberá 1,5 metros para respectar a distancia de seguridade sanitaria.

O programa, de “transición” cara á normalidade “até que se poidan celebrar espectáculos masivos”, en palabras do alcalde, inclúe música de diferentes estilos (blues, folk, fusión, ópera), teatro e circo a cargo de compañías premiadas en certames nacionais e internacionais. Entre eles, o espectáculo de danza e pintura de Shakti Olaizola, ou o clásico de Shakespeare ‘Moito ruído e poucas noces’. Tampouco faltará a ópera con «La Traviata» e «Zarzuela Marina».

Para consultar a programación pincha aquí