O Concello amplía a oferta cultural de verán.

Concertos de jazz en Ponte Vella

O Concello amplía a oferta cultural de verán con catro concertos de Alfonso Medela Trío, acompañados por Diana Tarín, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella. Serán os mércores 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto, ás 20:30 horas e de balde, pero con todas as medidas de seguridade garantidas. “Esta é unha cidade de jazz”, afirmaba o concelleiro de Cultura, Mario González, que non atopa espazo mellor para estes concertos que o elixido: “un espazo público, co río Miño e a Ponte Vella de fondo”.

Marcos Vila, xerente de Ponte Vella, pola súa banda, comentou que o centro comercial colaboraba nesta iniciativa en temas de seguridade. Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, concorda con que tanto o emprazamento coma os horarios son todo un acerto.

Medela
Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor superior de Piano, é especialista en Jazz e Música Moderna, así como creador de máis dun cento de temas propios. Nestes concertos estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín.