Tanto sobre a COVID19 coma a forte calor destes días.

Cruz Vermella informa sobre bos hábitos

Cruz Vermella desenvolve unha campaña de prevención e información sanitaria nas rúas de Ourense. Cruz Vermella e o Concello de Ourense presentaron a campaña informativa que desenvolverán os voluntarios da organización nas rúas da cidade. Unha medida disuasoria e preventiva para evitar a expansión do coronavirus, insistindo na necesidade de usar as máscaras protectoras, e ao mesmo tempo, lembrar consellos básicos para esta época do ano: hidratarse continuamente, evitar o sol nas horas centrais do día, etc.
Os voluntarios de Cruz Vermella estarán apostados nos lugares de maior concorrencia, desde a rúa do Paseo até as piscinas municipais de Oira.

Neste sentido, o alcalde quixo recoñecer o labor silencioso da organización, que semella pasar desapercibida para grande parte da sociedade pero resulta fundamental no espazo ao que non chegan as institucións. Para a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz, “non hai mellor tratamento que unha boa prevención”.