Sobre a crise en DO asegurou que "esta non é a miña guerra".

Discrepancias con Jácome fan que o concelleiro de Cultura, Mario González, presente a súa dimisión

«Fai tempo que xa tiña apalabrado o cese como concelleiro de Cultura». Iso dixo Mario González na rolda de prensa convocada aos medios de comunicación para hoxe luns, 31 de setembro, e despois de que saíran á luz as desavenencias entre o alcalde de Ourense e cinco concelleiros do seu grupo político, Democracia Ourensana.

González afirmou que o 1 de setembro o alcalde o cesaría e que para mediados de mes faríase efectiva devandito cese, algo do que xa tiñan coñecemento tanto os seus compañeiros de formación coma o resto do grupo de goberno (membros do Partido Popular).

Os motivos que o levaron a tomar tal decisión están nas discrepanzas que ten, sobre a Cultura, co alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. «Fixen o que pretendía e quería facer moito máis» ao tempo que quería «facer ver -ao alcalde- a importancia da mesma». Porén «a barreira era maior entre nós». O xa ex concelleiro desvelou que en setembro había un plan estratéxico pero «chocaba coa idea do alcalde» e incluso confesou que «non quería firmar con Agadic -Axencia Galega das Industrias Culturais-«.

Crise en DO
González explicou que estaba no seu posto para «facer xestión cultural» e que non pretendía «estar mezclado nesta situación». Sobre a crise que explotou en Democración Ourensana foi contundente ao asegurar que «esta non é a miña guerra. Voume». Crítico coas filtracións nestes días foi claro ao dicir que primeiro se tiña «que intentar resolver internamente» e que unha vez tido toda a información «cada un obrar como quixera: dimitindo, pedindo a dimisión do alcalde, denunciando,…»

Sobre o escrito firmado por cinco edís de DO e presentado na Fiscalía asegurou que antes de firmalo preguntou por dúas veces aos seus avogados se era obrigatorio e estes «dixéronme que sí para que nun futuro non ter que estar desfilando polo xulgado».

Para rematar a súa intervención foi contundente ao afirmar que «Ourense non se merece isto».