Desde a Ponte... a Monterrei

O Caneda

Aquel día, na taberna do río, deume por soñar. Senteime nuha cadeira o fondo da barra, xunto a parede, onde colgaba unha foto do avó. Na estantería, libros do Caneiro e Dasairas, invitaban a leer, mentres o taberneiro descorchaba unha botella de viño branco de Monterrei. Collín o libro que na portada, lucía a faciana dun cigarrón, de sorriso cínico e inmutable que me fixo lembrar a careta, que antano había no mesón do “Chispa”, ao carón da cheminea. Faciana alaranxada, de bigote negro e dentes brancos, que so con ollala, xa transmitía un pánico inexplicable, co que, os nenos de antes tiñamos que convivir, en tempos de entroido. Da man do meu pai, íamos hacia o río. Eu facía forza, e turraba cara onde quería chegar. O pai, deixabase levar. A inercia daquel tempo guiábanos sempre a taberna do señor Sergio, o “Caneda”. Alí era feliz. Axiña esquecía o medo á careta do “Chispa” e renacía de novo a felicidade. Teño no maxín, aquel pequeño local, onde un coro de homes apretando os puños con forza, voceaban: tres, cinco, sete!

As tazas de porcelana, agrietadas polo tempo, como as mans do agricultor, reposan na barra. O señor Luis, o “sacristán”, altea unha xarra con viño do Gargalo, e sirve con xenerosidade ante a mirada complacente do taberneiro. Eu, cativo de escasa altura naquel tempo, enredaba entre as pernas daqueles homes ao carón dun mostrador de madeira desgastado, testemuña perpetua das máis enxebres estrolas acontecidas. De vez en cando, alguha man pasaba pola miña cachola, coma sinal de aprobación. Os nenos daquela, non éramos estorbo para ninguén. «Quédate neno e aprende», dicían. E así, fixen, ao longo da miña vida, xuntarme cos vellos, porque neles topei sempre a mellor escola.

Acudían aquí, os mais pintorescos personaxes da vila, mesturándose todos sen distinción, os de abaixo e os de arriba, cumplindo coma deus manda, o primeiro artigo da taberna: “todos somos iguais ante un mostrador”. Lembro a chegada do señor Xerardo, o “enterrador”, que cunha coxeira inconfundible entraba no garito decindo «un branco, que paga o “Titá”. O señor Xosé o “Sapa”, asiduo cliente e amigo, o Fernando o “dentista”, o Luis Pallín, o Juan Oterino, o Pepe Diz e moitos outros, dos que gardo lembranzas inesquecibles.
Mentras os maiores degustaban os viños e facían as suas conversas, eu xogaba ao redor deles sen acougo, agardando que chegara o meu momento preferido. Todos estaban entretidos coas tazas na man, ao tempo que algunha cantiga das de antes, sonaba de supeto, eso si, interpretada sempre con refinado gusto, gozando duns intres fermosos que non voltarán.

Daquela, o Caneda agarrabame da man e dicía «neno, vamos!». Aquel instante era cando máis gozaba. As xarras de viño consumíanse con celeridade e a cada paso, había que baixar a adega repostar. Entón, era cando o embruxo, saía a relucir en forma de complicidade. Momentos que non se esquecen xamais. A cata do viño do Gargalo. O señor Sergio abría a billa da pipa para encher as xarras, o tempo que un servidor mollaba os dediños no chorro divino, metendoios lixeiro na boca para saborealo con esmero. Repetía duas, ou tres veces a operación por aquelo de estar seguro da calidade daquela pócima divina. Despois subíamos hacia o bar, que daquela estaba do outro lado, na rúa Alameda, e antes de entrar coas xarras na man, o “Caneda” chiscaba un ollo cara min, e coa faciana seria, dicía: «disto, nin pío».

Xa, de novo na cantina, sentadiño no taburete ollaba o que acontecía coma si estivera no ceo.
Hoxe, que xa son un neno grande, descubro neste escrito, aquel fiel segredo, sabendo que o bo de Caneda xamais mo tería en conta. O tempo pasou coma un lóstrego, cada vez que entro na taberna do Carlos, neto do señor Sergio, non podo pasar sen lembrar aquel fermoso tempo pasado.

Coido que, a maxia e o espíritu que o avó deixou na taberna de arriba, paseniño vaise filtrando por todolos recunchos da adega do río. Poder recuper aquel ambiente xenuino e agradable, dos bares “canallas” e sinxelamente unha herdanza impagable. Aquí son feliz, porque espontáneamente e sin esforzo, cada vez que se abre o portón do fondo, podo soñar e lembrar por un momento, aqueles intres tan fermosos que pasei nesta casa, sen esquecerme xamais, do señor Sergio, o «Caneda”, aquel pequeno home, cun corazón extraordinario.
Unha aperta!

Miguel A. Prieto “Chitín”