Quérote, fermoso e máxico entroido de Verín!!! creador dun ceo aberto na inmensidade, dono indiscutible do indomable cigarrón. Penso no “Pescadilla” e no “Grolo” artesanos da parodia imposible creo en todolos seus discípulos entroideiros. Feitos na obra, e con gracia, nas adegas esquecidas, que reviven de novo o espíritu de Monterrei. Creo no, infatigable entroido […]
O tempo pasa lixeiro, tanto que parecen estar vivas as muxicas que liscaron ceibes das fogatas liberadoras que hai xa dous anos prendemos na honra do San Antón. Voltaremos a coller o carreiro que nos leve ata o pé da capela, no cumio do monte en Ábedes. O santiño agarda para formar parte da catarse […]
Pasei por diante do portón verde. Parei un anaco, e ollei pensativo a casiña da miña infancia, pechada pola lei da vida. Por un intre voltaron as lembranzas de novo, e as fiestras abrironse de par en par. Daquela, os rapaces, do fermoso barrio antigo en Verín, esperabamos con ansia a chegada do Nadal. As […]
O meu amigo Manoliño, soltoume este verán, que os “bares canallas” están en perigo de extinción. Nós, que practicamos a miúdo, o regate en seco os antros de luxo, fuxindo das excentricidades do modernismo, buscamos sinxelamente, aqueles garitos onde nos atopemos felices. Maquinando en silencio, axitóuseme o corazón, lembrándome daqueles “bares canallas” que había no […]
Ás veces lémbrome das anécdotas que eles me contaron. Imaxino noites doutros tempos cando o viño rulaba na taberna con xenerosidade, e onde o Lucho contábame as anécdotas de antano, que non tiñan desperdicio. A inesperada partida do seu compadre rumbo as estrelas estaba recente. Eran tempos de refinada nostalxia, porén espetoume en íntima conversa […]
Poderíanse escribir mil historias. 50 anos dan para moito. Hoxe quédome co meu latexo, o palpito do corazón que me quedou para sempre. Aquel día acudín ao estadio. O “Arjiz” lucía espléndido. Non lembro o rival daquela tarde gris. No palco de autoridades unha placa impoluta. “En memoria de Meno y Gerar”. O meu carón […]
Ás veces acontecen situacións que nin os mais cualificados estudosos dos entroidos enxebres e ancestrais poden entender. Aquel ano, en Verín, estivemos no outro lado da comedia, coma se sole dicir: de miranda. Démonos conta, que para lucir un disfraz, cómpre algo mais que arte entroideiro. Compren gañas, moito humor e sobre de todo sentimento. […]
Non podo esquecelos. Eran garitos, onde antano cheiraba a viño, o aroma único da taberna. Alí, esquecíanse os mandatos imperativos dos sabios doutores, pregoando que o exceso de branco ou tinto non era bo para a saúde. Pola contra, como antídoto, aconsellaban alterne moderado deixando caer, que pulular de tasca en tasca, era a mellor […]
Confeso abertamente e con pena, que non é a primeira vez que tento subir este porto de especial categoría sen éxito. Quixen facelo moitas veces, pero as bágoas sempre fixeron que pousara os pes no chan antes de rematalo. Cicais o tempo aínda non tiña cicatrizado o meu sentimento. Hoxe, con algo máis de coroza […]
O tempo corre con celeridade, coma este entroido que aínda estando en pausa, liscou fugaz, deixándonos marcados para sempre. Un entroido invisible como o virus, que se ri de nós ollando como impotentes dobramos o xeonllo, con resignación e sen remedio. Agora, na madrugada profunda, cando o silencio outorga claridade, penso en ti, entroideira do […]