Desde o outro lado da raia

Toxinas

A pel é o maior órgani do corpo, e calquera cousa posta aí é absorvida e entra no organismo. A ciencia admite que todo o que é administrado topicamente na pel pode chegar ao fluxo sanguíneo. De aí a controversia de aplicar protectores solares e outros produtos cosméticos.
A través da respiración tamén entran toxinas, dependendo do local onde vive e traballa. Os ambientadores, pólenes, gases emitidos polo pegamento, tintas, suavizantes de telas, do ar condicionado, tamén transmiten e poden ser contaminantes.

Os ollos poden transmitir resultado de imaxes que causan emocións negativas, así como os oídos, mais só cando certas vibracións son máis irritantes e máis chocantes.
Antenas de móbil transmiten ondas enerxéticas, os móbiles producen enerxía electromagnética e por iso cando están xunto a nós estamos a ser afectados. Os cabos de alta tensión afectan a todos os seres vivos nun raio á súa volta. Luces frecuentes até poden causar dores de cabeza, así como os computadores, televisións, radios e micro-ondas.

As toxinas son eliminadas do corpo, a través do nariz, da boca, trato urinário cólon e pel. O nariz e a boca eliminan as toxinas polo uso dos pulmóns. O trato urinário ocúpase de eliminar dos rils e do fígado. O cólon é a través do estómago, fígado e do intestino delicado. Finalmente a pel elimina pola transpiración.

Cando o organismo xa esta condicionado, digamos, xa non funciona en pleno, imos ter máis acumulación de toxinas e tóxicos. Por exemplo, os antibióticos matan as bacterias benéficas do intestino e do cólon, así como a falta de exercicio para que aumente o proceso de eliminación. O uso diario de cremeas e locións na pel, poden complicar o bo funcionamento dos poros da pel.
Canta máis toxina colocarmos no noso corpo, máis as persoas están expostas a doenzas ou ven aumentar a gravidade das mesmas.

João Damião