A Asociación Rebulir adapta a programación do FIR ao contexto actual apostando por unha maior virtualidade.

Rebulir prepara a 15ª edición do FIR

A Asociación Cultural Rebulir xa está ultimando os preparativos da XV edición do FIR (Festival Internacional Rebulir). Entre os días 17 e 20 de decembro poderase disfrutar dunha ampla programación que neste 2020, e dadas as circunstancias derivadas da COVID-19, tivo que ser adaptada para evitar o contacto físico e a coincidencia masiva de persoas. Deste xeito, as persoas interesadas poderán disfrutar de exposicións ao aire libre, concertos virtuais, obradoiros online e mesmo a Gala Central que tamén será emitida en streaming, e que non terá asistencia de público.

O día 17 de decembro será a apertura deste tradicional evento que durante catro días mergullará Ramirás, Celanova e Ourense -e tamén as redes- de tradicións e ritmos do mundo. Tamén se fará a tradicional entrega dos Premios Rebulir da Cultura Galega que este ano recaeron en Mercedes Peón (Música Galega), Fina Calleja (Artes Escénicas) e a Banda de Música de Vilanova dos Infantes (Premio Homenaxe).

Para Rebulir a cultura non debe parar, senón procurar vías alternativas que permitan a súa supervivencias e que leven aos fogares algo de ledicia, por iso, con gran esforzo, e co apoio de numerosas administracións, entidades e empresas, se decidiu reformular a estructura deste evento para poder mantelo no ano 2020.

Programa
XOVES 17 DE DECEMBRO
Presentación e APERTURA do Festival
12:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) “O Cabaret das Culturas”
con Nelson Quinteiro. Centro Cultural Marcos Valcarcel-Ourense
19:30 h. OBRADOIRO de AS ARMANDANZAS
con Montse Rivera e Mercedes Prieto – VIRTUAL

VENRES 18 DE DECEMBRO
11:00 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “XV anos de FIR” Diferentes espazos públicos de Ramirás
12:00 h. Ruta Teatralizada (sen contacto) espazos de Exposicións con ARunRun Teatro
20:00 h. ANIMACIÓN (sen contacto) con grupo Rebulir. Rúas e locais de Celanova
20:00 h. CONCERTO de Nelson Quinteiro – VIRTUAL

SÁBADO 19 DE DECEMBRO
16:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) “O Cabaret das Culturas” . con Nelson Quinteiro. Rúas e espazos de Ramirás
17:00 h. Recepción Oficial dos Grupos
19:00 h. GALA CENTRAL
Emisión en DIRECTO, sen público, desde O Picouto (Ramirás)
Presenta: Nelson Quinteiro
Grupos: EBMT RebulirᅵMariachi Noche de Rondaᅵ Coro Gospel VidaᅵGrupo Son RealᅵPelepau
Entrega dos PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2020
Mercedes Peón, Fina Calleja e B.M. de Vilanova dos Infantes.

DOMINGO 20 DE DECEMBRO
13:30 h. Animación (sen contacto) con grupo Rebulir
Rúas e espazos de Ramirás
20:30 h. CONCERTO de Alba Faro – VIRTUAL
Peche e CLAUSURA

As EMISIÓNS faranse pola canle de do FIR-Festival Internacional Rebulir 2020.