Allariz celebra este ano, a Derradeira Solidaria do 24 de decembro ao 6 de xaneiro.

A Derredaira de Allariz, para non perder a costume

A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis cun carácter solidario. Debido ás circunstancias sanitarias xeradas pola Covid-19 este ano cambia de formato.
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Allariz propoñen un ano máis despedir o ano facendo deporte e sendo solidarios.

Donde poderás inscribirte?
Deberás anotarte na Piscina Municipal de Allariz a cambio de 1kg de comida dende o 24 de decembro de 2020 ao 6 de xaneiro de 2021.

Quen pode participar
Calquera persoa, dende os 0 anos.

Que tes que facer para poder participar na Derradeira Solidaria deste 2020?
Poderás participar en calquera destas modalidades: nadando, correndo, camiñando, facendo bicileta ou piragüismo…
O deporte que soes practicar, o que máis che guste e con quen che guste, sempre respetando a normativa vixente.

Comparte as imaxes desta edición especial da Derradeira do Ano. Poderás enviar unha fotografía a piscina@allariz.gal co teu dorsal ou subila ás redes sociais co hashtags #DerradeiraSolidari45aAllariz2020.
Todas as persoas que participen recollendo o seu dorsal a cambio de alimentos entrarán no sorteo de 20 premios, 10 bonos para as instalación do Padel e de 10 Bonos para a Piscina e o Ximnasio. O sorteo realizarase o 8 de xaneiro entre todos os dorsais participantes nesta edición da Derradeira Solidaria.

Para máis información poderás chamar a 988 442 083, no correo piscina@allariz.gal ou nas propias instalacións da Piscina Municipal.