Organiza esta fin de semana unha versión virtual.

Rebulir aposta polo Entroido na casa

07A Asociación Cultural Rebulir adapta o Entroido ao interior das casas. A Asociación Cultural Rebulir, con sede en Ramirás, organiza para esta fin de semana unha versión virtual do tradicional Entroido. O obxectivo é manter viva esta celebración no ano 2021, onde polas restriccións derivadas da COVID-19 terá que desenvolverse en interiores e coas persoas convivintes.

O programa contén un obradoiro de elaboración de mecos virtuais ou tipo collage, que logo serán colgados nas ventás, balcóns, ou portas das casas. O martes de entroido haberá un concurso de disfraces á moda antiga, isto é con vestiario que se atope nos fogares, tal como se facía antano reciclando aquela roupa estrafalaria ou curiosa que se gardaba no fondo do armario. A súa vez no serán do mesmo día 16, martes, tamén haberá un baile que amenizará Cé o Home Orquesta, e que será emitido en aberto pola canle de Youtube de Rebulir.

Con esta actividade a Asociación continua programando cultura baixo o lema #nonvaleparar, dinamizando así as redes e tentando levar algo de ledicia nestes tempos escuros para o sector.

SOURCE: Entroido virtual en Rebulir