Colocouse unha pancarta na súa fachada.

O Día Internacional da Muller visible na Subdelegación do Goberno
A Subdelegación do Goberno en Ourense despregou unha pancarta con motivo do Día Internacional da Muller, que permanecerá pendurada no exterior da fachada principal do edificio ata o vindeiro luns 8 de marzo. 
O subdelegado do Goberno, Emilio González, sinalou que con este acto simbólico a Subdelegación do Goberno en Ourense únese á conmemoración desta data. “A pandemia da COVID-19 trouxo novos obstáculos para as mulleres que se engaden aos de carácter social e sistémico que xa existían antes”. O subdelegado advertiu de que “as mulleres hoxe enfróntanse ao aumento rexistrado en materia de violencia de xénero, así como a un incremento do traballo de coidados non remunerados e a unha maior taxa de desemprego”.
Emilio González lembrou que “as mulleres son maioría naqueles sectores que estiveron e están facendo fronte ao virus en primeira liña”, ás que quixo trasladar o seu agradecemento persoal e institucional.
Así mesmo, o subdelegado reiterou “o compromiso do Goberno de España coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como coa erradicación de todas as formas de discriminación que padecen as mulleres, garantindo una aposta lexislativa firme para construír unha sociedade paritaria e participativa”.

SOURCE: pancarta do 8M na Subdelegación do Goberno en Ourense