As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido entre o 20 de marzo é o 4 de abril.

A 5ª edición da carreira BTT do Lázaro será con GPS

O club BTT de Verín organiza, en colaboración co Concello, a quinta edición da carreira do Lázaro, esta vez por GPS. As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido entre o 20 de marzo é o 4 de abril.

Para realizar a inscrición, que ten un custo de 5 euros, será necesario descargar a APP de Saudeter e seguir os seguintes pasos:
1. Plataforma de inscrición en ¡INSCRÍBETE AQUÍ!
2. Ver o trazado da ruta en google maps (móbiles android) ou Apple Maps (móbiles de ios) en INFORMACIÓN DE CARRERA.
3. Adestrar antes da carreira en ENTRENA PARA LA CARRERA (podes facelo as veces que o desexes).
4. Ver tempos e clasificacións o rematar o exercicio.
5. Participar (podes facelo as veces que queiras durante a carreira, APP clasificará o teu mellor tempo):
a.-Podes facelo co móbil. En PARTICIPAR EN LA CARRERA. Seguindo os pasos da app (colócate no punto da SAÍDA e dalle a PARTICIPAR EN LA CARRERA). Esta deberá estar sempre en funcionamento ata a meta. Se pechas a app en metade da carreira o exercicio será nulo. Se perdes sinal GPS máis de 5 minutos a app cancela o exercicio. Asegúrate de que a app funciona en segundo plano no teu móbil.
b.-Se queres correr co reloxo ou ciclocomputadora. Descarga o arquivo GPX.

Descarga link en INFORMACIÓN DE LA CARRERA
Súbeo o teu dispositivo. Deberás cumprimentar a lo menos o 90% dos puntos fixados. Inicia o exercicio uns metros antes do punto exacto da saída, ver o mapa de cada evento en INFORMACIÓN DE LA CARRERA. Pecha o exercicio sempre uns metros despois da META. O rematar sube o track en formato GPX no enlace destinado para tal fin.

Se ti ou a túa marca de GPS trazou ben o percorrido deberás ter os resultados en CLASIFICACIÓN EN VIVO o momento; do contrario o track está en CUARENTENA. O trazado rexistrado mostra variantes co plantexado. Escribe un mail a carreras@saudeter.com con o teu DNI, arquivo GPX e número de teléfono para que o revisemos.

En canto ao protocolo COVID-19 establecido para devandita carreira, é necesario lembrar que poderán realizar a proba conxuntamente un máximo de catro persoas non conviventes, e sempre con máscara.

SOURCE: 5ª carreira do Lázaro