Para máis de 500 participantes da comarca.

Xinzo organiza dous torneos virtuais de videoxogos

O Concello de Xinzo organiza dous torneos virtuais de videoxogos para máis de 500 participantes da comarca. Adéntrase, deste xeito, por primeira vez e durante 4 sábados no mundo dos torneos virtuais de videoxogos, concretamente de Fornaite e FIFA. A través dunha plataforma de organización de torneos, desenrolaranse o 20 e 27 de marzo e o 10 e 17 de abril, sempre en sábado e no horario de 16 a 21 horas.

O primeiro torneo, que comezará xa o próximo sábado e rematará o 27 de marzo, será do famoso videoxogo de simulación de fútbol FIFA 20/21. O torneo Fornaite terá lugar en abril, os días 10 e 17, no mesmo horario.

A inscrición será gratuíta, por rigorosa orde de formalización e restrinxida a participantes de Xinzo de Limia e dos concellos limítrofes, salvo que nos tres últimos días quede aínda algunha praza vacante, que entón abrirase ao resto da provincia.

Recibirán premios os 8 primeiros clasificados en cada un dos torneos. En total, haberá 256 prazas para cada competición, máis de 500 entre as dúas, debendo realizarse a inscrición na plataforma https://esports.eventosbgp.com. As partidas serán retransmitidas por streaming.

É a primeira vez que que o Concello de Xinzo, a través da Concellería de Deportes, dirixida por Rafa Penabad,organiza unha actividade deste tipo, que espera repetir e incluso facer nun futuro de xeito presencial, unha vez que a pandemia quede atrás.

SOURCE: FIFA 2020/21 e Fortnite en Xinzo