Contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel.

As mulleres, protagonistas nas xornadas de novela histórica de Verín

A biblioteca de Verín retoma as xornadas de novela histórica que este ano levarán o título de “Mulleres na Historia” e contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel. Esta cuarta edición chega os vindeiros 1 e 2 de outubro e xa se coñece a súa programación. As entradas (gratuítas) para este evento estarán dispoñibles en ataquilla.com.
As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel, en varios momentos das xornadas.
«Un ano máis Verín converterase no epicentro da Novela Histórica grazas ao gran traballo realizado desde a Biblioteca de Verín», salientou Emilia Somoza, concelleira de Cultura.

Programación
O venres, 1 de outubro, comezarán as actividades ás 11 horas, con Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luis Corral que farán o seminario “Mulleres na historia e como escribir novela histórica”, dirixido aos centros de ensino. Pola tarde, Rosario Raro impartirá a charla “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas”, e Eva Díaz “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”; despois asinará libros.
O sábado, 2 de outubro, en xornada de tarde -a partir das 18.30h- haberá as seguintes conferencias: “Mulleres piratas no século XVI”, con María Vila; “Os nenos da viruela. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”, con María Solar; «As mulleres nas miñas novelas: de «Palmeiras na neve» e «O latexo da terra», con Luz Gabás. Clausuraranse esta cuarta edición con firma de exemplares a cargos das escritoras.

SOURCE: Xornadas de Novela Histórica