Con elas preténdese achegar ao alumnado ó proceso de maduración dunha idea de negocio para poñer en marcha unha empresa.

Xornadas de emprendemento e orientación no IES García Barbón

Estas xornadas pretenden achegar ao alumnado ó proceso de maduración dunha idea de negocio para poñer en marcha unha empresa, ademais queren mostrar o emprendemento como unha alternativa factible coñecendo casos de emprendedores da contorna. Tamén buscan poñer en valor a Formación Profesional dando a coñecer as oportunidades de emprego que xenera. Outra das finalidades é a de mostrar a importancia que xoga a Orientación na toma de decisións sobre o futuro.

A primeira das xornadas xa foi celebrada cun obradoiro de Emprendemento con metodoloxía innovadora que tivo como desafío deseñar modelos de negocio, dirixida ao alumnado de 2º curso de ciclos formativos.

O mércores, 27 de outubro chegará a segunda das xornadas que terán lugar no Auditorio Municipal de Verín.
Ás 9.30 horas será o momento da inauguración a cargo de María Soledad Gómez Cerradelo, directora do IES García Barbón; Diego Lourenzo Moura, tenente alcalde do Concello de Verín; e Judith Fernández Novoa, Xefa Territorial de Cultura, Educación e Universidade en Ourense.
A partir das 10h haberá unha mesa redonda con Lucía Aparicio Castro, orientadora do GDR Portas Abertas; J. Carlos Manso Fernández, orientador de UGT en Verín; Julia Morales Ojea, Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Verín; Sandra Aguiar Guerra, orientadora da Mancomunidade de Verín CIM; e Cristina Silva Souto, profesora titular de Formación e Orientación Laboral do IES García Barbón. Moderará Daniel Veiga Martínez, orientador do IES García Barbón.
Para as 12.30h queda a conferencia «A formación Profesional como motor de emprego» a cargo de Antonio Rial Sánchez, profesor “Ad Honorem” da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta primeira xornada de emprendemento e orientación no IES García Barbón rematará o xoves, 11 de novembro, con todas as actividades a realizar no Auditorio Municipal de Verín.
Comezará esta última xornada ás 10 horas coa conferencia: “A importancia dos emprendedores no desenvolvemento local” na que interveñen María José García e Lorena Collazos “Ridicodias”; Esther Pato “Pato Joyeros” (www.patojoyeros.com); e María José Ceballos “Granxa Entretinada e Delicias do Támega”.
A partir das 12h será o turno para que Santi Cañaveral “Teatro Ana Noguerol” e Iago Padrón “Higia” (www.centroshigia.com) conten as súas experiencias no emprendemento.
Finalmente, rematarán as actividades en torno ás 13.15 horas coa presentación do Viveiro de Empresas do IES García Barbón a cargo de Maite González Requejo, dinamizadora da relación con empresas.

SOURCE: Xornada Emprendemento IES García Barbón