Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 155

Neste número a portada trae a festividade de San Martiño. Por unha banda, as actividades que organizou o concello para celebrar o magosto, e pola outra, a carreira popular do San Martiño que regresa despois de suspenderse o ano pasado. Ademais, o pleno de Ourense aproba unha modificación de crédito de 12,8 millóns de euros.

Quen tamén regresou foi Xantar que este ano congregou a uns 18.000 visitantes en cinco días de Salón Gastronómico. Ata o 21 de novembro poderanse degustar os pinchos de «Sabores de Ourense».

Os bares de Celanova celebrarán Santa Icía o 21 de novembro. A ONG ValoReSC formou en micoloxía a persoas en risco de exlusión social. Escolares do IES Celso Emilio Ferreiro visitaron a comarca de Monterrei.

En Allariz regresa a Feira de Outono que está previsto que se celebre no pavillón do instituto os días 13 e 14 de novembro.
Recupérase o turismo na vila alaricana con 26.500 persoas que pasaron pola Oficina de Turismo desde xuño a outubro. O Concello reforma o local socila de San Mamede de Urrós.

Ampliación do parque empresarial de Xinzo; a Xunta anuncia a licitación das obras. Descóbrese un xacemento único nos traballos arqueolóxicos en Vilar de Barrio. Un obadoiro adecenta a Vía da Prata en Xinzo e Sandiás no que participan 16 alumnos.

A Xunta restaura a Torre do Reloxo de Arnoia investindo máis de 74.000 euros. Axudas para as termas de Bande para o seu recoñecemento mineiro-medicinal e termal.

En deportes, o COB comezou o curso como ciclón: cinco vitorias noutros tantos encontros.
Repasamos o futbol e fútbol sala cos equipos ourensáns máis destacados.

Artigos, humor, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 155