As andrómenas e outros contos.

O meniño calado

Sentouse no chan paseniño, como se aquel paquete envolto en papel de cores non lle chamara moito, devagarciño foi sacando un a un os anacos de celo pegados nas esquinas, sen abrilo, chamoume a atención o xeito feble, tan delicado de facelo. Para alguén que o vira de xeito descoidado podia parecer que non lle gustara.

Os outros cativos xa abrirán os seus agasallos e ledos, xogaban e rían entre eles, unha festa de berros, de saltos, de ledicia; destaparase a felicidade. Eles que pertencen o equipo dos menos afortunados en bens mateariais, saben apreciar cada xoguete que reciben, son receptores da solidaridade dos ourensáns que levan toda unha década mercando un lápis para que eses agasallos os fagan felices.

Pero aquel, máis tranquilo seguía destapando o seu pequeno tesouro, sen aparentar moito entusiasmo. Vin como dobraba o papel pranchando coa man, como se lle pasara o ferro tirando cada unha das engurras.
Este ano, un dos máis duros da crise económica, as empresas, os comercios aportaron o seu esforzo. Os voluntarios e as xentes anónimas para facer que se puidera levar esas pequenas boas novas os que máis o merecen.

Ollei cun pouco de tristura para aquel que no seu recuncho abría ágora si, aquela caixa con aparente desidia e vin como sacaba o tablero e colocaba as pezas do xadrez que lle pedira aos reís. Primeiro as negras, despois as brancas. Cando rematou ergueuse e mirou o taboeiro no chan perante un bo anaco. Cheo de curiosidade achegueime, entón reparou en min, unha bágoa esvaroulle pola meixela, pero os seus ollos brilaban cunha forza que deslumbraba, mentres me dicía “gracias”. Vin debuxado naquela cariña agarimosa un sorriso, aquel sorriso era o verdadeiro premio aos esforzos de toda esa xente que colaborara unha vez máis nesta campaña. Sen darme sequera de conta, a min tamén os ollos se me encheron de bágoas cando ao abrázalo, deume aquel bico.

Claro, ao lembrarme cando me traías aqueles botes de aceitunas e eu che decía: “ti es o mellor pai do mundo”, e ti respostabas: “déixate de andromenas, chiquito”.

Avelino Jácome