As obras en Seixalbo dunha nova glorieta fan necesarios cambios no tráfico

As obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Seixalbo fan necesarios cambios no tráfico a partir deste mércores, día 2 de febreiro, para a execución da nova glorieta no acceso á rúa Canizo.

O avance dos traballos require, agora mesmo, a intervención sobre a propia estrada OU-105 para executar a nova glorieta na entorna da rúa Canizo, que mellorará os accesos ao tanatorio e ás nave industriais da zona. Para iso é preciso realizar un desvío provisional do tráfico, durante un tempo estimado de dúas semanas.

Deste xeito, os vehículos que saen de Ourense cara a Seixalbo terán que circular póla rúa Canizo durante uns 200 metros antes de incorporarse de novo á estrada OU-105.

Pola súa banda, os vehículos que entren a Ourense aproveitarán parte da nova glorieta xa construída pola que os vehículos poderán circular, neste sentido, sen impedimentos.

O acceso ás naves industriais e ao tanatorio quedará aberto, ao igual que ata o de agora, excepto no caso do tráfico de retorno cara a Ourense, que deberá dirixirse a Seixalbo e realizar o xiro a 400 metros.