Desde a Ponte... a Monterrei

Oda ó Entroido de Verín

Quérote, fermoso e
máxico entroido de Verín!!!
creador dun ceo aberto na inmensidade,
dono indiscutible do indomable cigarrón.
Penso no “Pescadilla” e no “Grolo”
artesanos da parodia imposible
creo en todolos seus discípulos entroideiros.
Feitos na obra, e con gracia, nas adegas esquecidas,
que reviven de novo o espíritu de Monterrei.
Creo no, infatigable entroido verinense
que padeceu o poder da censura,
que quixo crucificalo, matalo e sepultalo
e que do máis fondo das entranas
ó longo dos séculos resucitou, de entre os mortos
e baixou o camiño real dende un castelo eterno
quedando asentado ó carón da divinidade,
suplicando o seu reino, que a xente cante e baile
para desfrutar da xolda e da algarabía.
Creo no libre pensamento do santo entroido
creo na igrexa misteriosa, dos chocos afinados,
na comunión dos entroideiros disfrazados
no perdón sen limites dos pecados escondidos
e na resurrección das entroideiras arrepentidas.
Creo nos capuchóns impolutos e das fariñadas atrevidas
creo en ti, licor do café e das herbas amarelas,
comulgo co viño que fermenta en Monterrei
e resucito nas ferventes estrolas con cachuchas e cabritos…
creo nas rúas ateigadas de farrapos
creo en ti, praciña da “Estrela”,
recuncho das raíñas e comadres liberadas,
inferno dos compadres portadores dun lume sacro prendido
creo en vos, entroideir@s vellos nobres e valentes
pregoeiros inmortais da festa mais querida.

Miguel A. Prieto «Chitín»

SOURCE: Oda ó Entroido