Colocouse unha placa en recordo de Elio Sánchez e Ángel Diéguez.

Homenaxe aos coidadores do manancial da antiga Casa de Baños

Esta pasada fin de seman, despois do aprazamento por mor da pandemia, tivo lugar un acto de homenaxe póstuma aos veciños que durante anos coidaron do manancial onde estivo a antiga Casa de Baños do desaparecido Concello de Canedo.

Unha iniciativa veciñal froito da colaboracion das Asociacións Anden Primeiro, Via Vella de Ponte Canedo, Santa Ana de O Pino e As Termas para recoñecer a labor desinteresada de aqueles veciños que durante anos coidaron e limparon este espazo ante a deixadez das Administracións.

No espazo colocouse unha placa costeada coas aportacions de veciños e veciños como recordo postumo a Elio Sanchez e Angel Dieguez, quenes coidaron do entorno de maneira altruista.

O manancial situado o carón do solar da antiga estación de autobuses, na ultima década estivo no obxectivo das Asociacións de Veciños da zona como un espazo para dignificar, pero a confluencia de varias Administracións dificultaron que as melloras pedidas foran unha realidade.

SOURCE: Homenaxe