Dará comezo o día 25 de marzo.

A AECC volve cunha nova edición de Rutas Saudables

A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense volve retomar a iniciativa aberta a toda a poboación para contribuír a establecer uns hábitos saudables a través do exercicio físico na poboación xeneral. O programa de prevención “Rutas Saudables” comezará o día 25 de marzo, venres (10h). Trátase dunha actividade ao aire libre para construír un espazo de encontro que fomente a adhesión á actividade para aumentar o benestar e mellorar a calidade de vida dos participantes.

É unha actividade destinada a toda a poboación, consiste nunha ruta a pé pola cidade de Ourense, para así fomentar os hábitos saudables. O venres, ás 10 horas da mañá, con saída dende a sede provincial da Asociación, situada na Rúa Doutor Marañón, 21 – Baixo, 32005. A ruta realizarase pola beira do río Barbaña en dirección ao Paco Paz, cun percorrido de cinco quilómetros aproximadamente.

Esta proposta organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Ourense é unha iniciativa gratuíta con prazas limitadas, e aberta a todas aquelas persoas que queiran iniciarse nesta actividade beneficiosa para a saúde. Hai que lembrar: a OMS recomenda aos adultos dedicar polo menos 50 minutos semanais a realizar exercicio físico moderado. Este tipo de accións axudan a mellorar a flexibilidade e forma física, ademais de que realizar exercicio en grupo sempre resulta máis fácil e motivador.

A ruta saudable, por Ourense, será conducida por dúas persoas voluntarias da Asociación, en unha sesión de aproximadamente unha hora ou hora e media. Ten como obxectivo promover e fomentar a actividade física de maneira constante no tempo a través dunha caminata corta con periodicidade semanal. Así poder xerar uns hábitos saudables para protexer a nosa saúde e prever enfermidades. Conseguir que as persoas se interesen por ela e xerar o compromiso de acudir.

Os beneficios resultan como o abordaxe ós factores de risco desde pronta idade, polo que traducírase en aumentar a esperanza de vida saudable. Realizar actividade física repercute, en definitiva, moi positivamente no estado de saúde e benestar dunha persoa.

Para poder asistir á ruta saudable prégase inscrición previa a través do teléfono 900 100 036, no correo electrónico ourense@contraelcancer.es ou na rúa Doutor Marañon, 21 – baixo, 32005, Ourense.

SOURCE: Rutas saudables