Celebrarase o domingo, 7 de agosto.

Oímbra mostrará o seu produto estrela na Feira do Pemento

O domingo 7 de agosto celebrarase a 25ª edición da Feira do Pemento de Oímbra. Unha feira que a pandemia fixo que se celebrara de xeito online en 2020 e nos bares o ano pasado.

Programa de actos
Comezará ás 11 horas do domingo 7 de agosto, con “stands” de produtos locais, artesanía e unha exposición de pratos de cociña elaborados polos veciños baseados no pemento. Publicarase un receitario con todos os participantes.

Ás 14 horas, celebrarse a xantar popular. A alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, avanzo que contarán con “pementos, polbo, empanada, carne ao caldeiro, doces, viño da DO Monterrei». A entrada custa 15 euros e pódense comprar nos bares de Oímbra, no Concello e en dous establecementos de Verín. Ademais, haberá pulpeiras, un bar e degustación gratuíta de pementos ao longo de todo o día”.

A Feira terá ambientación musical durante todo o día, protagonizada pola Banda de Bousés. Entre as actividades paralelas, actividades infantís, inchables gratuítos para os rapaces e unha concentración de coches antigos. E como colofón, o concerto de Milladoiro ás 20 horas.

SOURCE: Feira do Pemento Oímbra