Na 10ª Concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas en Verín.

Concentración de motos en Verín

O vindeiro 28 de agosto, domingo, terá lugar en Verín a 10ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín.

Durante o transcurso desta edición realizarase un paseo turístico polos balnearios e os lugares de interese de maior interese turístico da zona, con saída desde a praza García Barbón ás 11 horas.

Os participantes terán dereito a pincho e consumición nas paradas programadas no itinerario do paseo. Ademais, o domingo, ás 14 horas, os asistentes desfrutaran dunha comida conxunta nun restaurante da vila, con sorteo de regalos e entrega de premios aos asistentes.

Os prezos de inscrición é de 25 euros. Para realizar os pagamentos a organización pon á disposición dous métodos:
– Inscrición e pagamento previo, ate o 23 de agosto, a través da conta: ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559

– Inscrición e pagamento no propio día da concentración, a partir das 9:30 horas.

SOURCE: Concentración de motos