Eiroás, Seixalbo e A Ponte, tamén celebran o seu Entroido

Na programación do entroido da capital, hai tres zonas que teñen o seu propio entroido; estes son os de Eiroás, Seixalbo e Frei Canedo.

O máis madrugador de todos é o de Eiroás que o 4 de febreiro teñen Colga do Meco (13 horas) e o día 5, o Domingo Fareleiro, o 12 de febreiro (17 horas). Para o venres, 17 de febreiro, haberá un desfile polas rúas do barrios co alumnado do CEIP Virxe de Covadonga ás 12 horas. O sábado 18, terá lugar o Folión do Entroido. E o martes 21 o máis destacable será a Voda da Pita (12.30h), o xantar popular (14 h), o concurso de disfraces (18.30h) e a queima do meco (ás 21 horas).

En Seixalbo, Paquita e Nicanor serán os auténticos protagonistas. Para o día 12, domingo, será o Domingo Oleiro, co recibimento dos mecos Paquita e Nicanor na Praza (Barreiros) e a continuación ruada pola vila de Seixalbo coa animación da charanga “Sorcha”; non faltará o pregón na praza Maior (17.30 horas), o xogo das olas e piñatas (18h) e choclatada a partir das 18.30 horas. O venres, 17 de febreiro, chegará o tradicional desfile infantil (11.30h) polas rúas da vila. O domingo, 19 de febreiro, tralo xantar (14.15h) haberá un baile de máscaras e unha festa rachada. O martes, 21 de febreiro, a partir das 17 horas, o desfile de entroido dará paso á degustación gratuíta de callos para, xusto despois, será o turno da queima do meco. Rematarán os actos en Seixalbo o mércores, 22 de febreiro, coa procesión do Enterro da Sardiña.

E no barrio da Ponte, Frei Canedo organiza un entroido que comeza o xoves, 16 de febreiro, co Xoves de Comadres, cunha cea – baile na sede da confraría para todas as comadres da Ponte e acompañantes. O venres 17 e sábado 18, o baile non faltará na carpa instalada a carón da Ponte.
O Domingo de Entroido, 19 de febreiro, durante todo o día haberá xogos populares e animación para crianzas (11h); sesión vermú (12h), gran papatoria (13h), un espectáculo infantil (19h) e o concerto de “En mala hora” ás 21 horas. O Luns de Entroido, 20 de febreiro, será o día grande de Frei Canedo, que comezará a mediodía con animación na rúa. Ás 19.30 horas dará comezo os solemnes actos no que se purificará o lugar co «Potefumeiro», o sermón de cofrades no Furancho e bendición de novos confrades. A procesión da solemne procesión polas rúas da Ponte será ás 20.15 horas. A cea para confrades, acompañantes e amizades está previsto para as 22 horas. O “Trío Somoza” amenizará a noite coa súa música a partir das 23.30 horas e rematarán os actos ás 24 horas fo folión de fogos de artificio e lanzamento de globos por parellas desde a Ponte Romana.