Rendidos a Manoele de Felisa en Ourense

Eu nunca oíra cantar a Manoele de Felisa.
¿Como pode alguén, galego, próximo á cultura, non ter oído a Manoele De Felisa? Non mo perdoedes.
Ninguén que se prece de ser galego, de amar a Galicia, pode deixar de oir a este tenor da música galega. Pavarotti de Rosalía, de Castelao, de tantos dos nosos. Inmensa voz, igual bo gusto, coñecemento do medio e poeta da música, Manoele de Felisa, tal como proclamou a outra gran dama da música galego/portuguesa María do Ceo, é a voz máis poderosa que hai nestes intres en Galicia que é como dicir no mundo enteiro.

Dende hoxe Manoele de Felisa entra na miña lista de persoaxes a lembrar e admirar. Manoele de Felisa redimenos de voces mezquinas e cativas que pululan pola nosa xuventude.

Nós, a Xente do Redor fixoo posibel.

César Luis Santamarina