Barrios 183

Na rúa un novo número de Barrios.

Nesta ocasión dúas noticias sobresaen sobre as demais. Este mes de abril foi do máis deportivo coa UD Ourense clsificada para a fase de ascenso á 2ª RFEF; o Club Voleibol Ourense organizou e participou na fase de ascenso á Superliga 2 (sen sorte para as ourensás); e deu comezo o circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense».
Ademais xa se coñecen todas as listas que se presentan en cada un dos concello da provincia de Ourense. En Verín, son catro; en Barbadás, seis; e na capital, dez formacións loitarán polo bastón de mando. Estas 10 listas son un tercio menos que as que concorreron no ano 2019.

Está aberto o prazo para solicitar axudas escolares para libros de texto e material. Un ascensor facilitará a accesibilidade entre a avenida de Marín e a de Santiago. Nace en Ourense a asociación «Ourensividad» para potenciatr alimentos autóctonos e hábitos saudables da provincia de Ourense. O Bono Comercio xa superou as 82.000 descargas. As estatuas dos Ramón sufrirán unha remodelación. Seixalbo entra na rede mundial de Bookcrossing. Remata o 1 de maio o concurso «Sabores de Ourense».

En Verín, Aever participará nos Maios (1 de maios) e no Día da Nai (7 de maio). Descobren documentos chave para a historia de Monterrei nos almacéns Recaredo Romero. O pleno aproba o PXOM. O FIC Vía XIV busca voluntarios para a edición deste ano. Marcelo Katz imparte un obradoiro de clown.

O comercio de Barbadás reparte bolsas para fomentar as compras. O paseo da solidariedade recorda a toda a xente que estivo en primeira liña durante a pandemia, con mención especial para os voluntarios. Barbadás únese á reciclaxe de briks, plásticos e latas. As festas da Valenzá (3, 9, 10 e 11 de maio) trasládanse á rúa 17 de maio e Calzada Romana; ademais Carrefour cederá o seu parking. A CHMS mellorará o Camiño dos Muíños. O Pleno aproba a petición dun posto fixo da Garda Civil na Valenzá.

O ciclo Mestre Mateo pasará por cinco concello da provincia. Ourense (o día 7 de maio) e Verín (o día 1) prepáranse para celebrar a Festa dos Maios.

Artigos, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha